Skip to main content
Sarria

A actividade ‘Futuro con-Ciencia’ do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria terá lugar este venres

Por 14 Decembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria organiza unha actividade para este venres, 15 de decembro no salón de actos do instituto ás 16.00 horas.

Trátase dunha xornada de orientación, denominada ‘Futuro con-Ciencia’, na que dez exalumnos do centro explicarán a súa experiencia como estudantes de distintas carreiras universitarias e ciclos formativos, dando a oportunidade a todos os asistentes a preguntar dúbidas ou aspectos específicos.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do Club de Ciencia do instituto e o alumnado de 2º de BAC e a profesora de Matemáticas, Carmen Fernández, organizan esta sesión que está aberta a todos os membros da comunidade educativa.