Skip to main content
Sarria

The Foolans, Oslo Ovnies, Maverick e El Mundo de Sofía chegan ao Buril de Sarria en decembro

Por 15 Decembro, 2023Xaneiro 3rd, 2024Sin comentarios

O Buril de Sarria programa un mes de decembro cheo de música coas actuacións de The Foolans, Oslo Ovnies, Maverick e El Mundo de Sofía. A programación comeza este venres 15 de decembro con The Foolans, que chegan á sala sarriá para deleitar ao público coa súa proposta ás 23.00 horas. O sábado 16 é a quenda do grupo Oslo Ovnies.

O espectáculo da banda de post-rock, caracterizada polas súas melodías etéreas, letras pegadizas e riffs pesados, comeza ás 21.30. presentan o seu novo traballo ‘Superchampagne’. Estarán acompañados de Maverick, que achega o seu traballo ‘Existir persistir’.

A última semana de decembro chega a banda El Mundo de Sofía, un potente trío orixinario de La Habana, Cuba, encabezado por Sofía Guilarte, unha destacada artista do rock cubano. Poderán gozar da súa proposta musical o 29 de decembro nun concerto que comezará ás 23.00 horas.