Skip to main content
Sarria

A sesión divulgativa ‘Futuro con-ciencia’ do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acolleu numerosos participantes

Por 18 Decembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

O IES Xograr Afonso Gómez acolleu unha sesión informativa sobre os distintos estudos universitarios e de formación profesional no que o protagonismo foi para dez exalumnos do centro.

Na sesión divulgativa ‘Futuro con-ciencia’, cada un deles falou da súa experiencia, das materias máis “duras”, do trato profesorado-alumnado, das saídas laborais, do tipo de ensino que están a recibir e das diferencias con respecto ao seu paso polo IES Xograr Afonso Gómez.

Esta actividade, que cualifican desde o centro educativo como “necesaria e enriquecedora cara a elección de estudos futuros”, foi organizada polo Club de Ciencia e coa axuda do alumnado de 2º de BAC.

Ao ser aberta a todos os membros da comunidade educativa houbo unha gran asistencia de persoas, ademais da colaboración de Laura López López, Laura López Pereiro, Yamalí de los Santos Ramírez, Javier Miguel Sánchez, Rubén Mourelo Fernández, Javier López Vilar, Manuel Goyanes González, Samuel García Díaz, Adrián No Pérez y María Varela Rodríguez; persoas ás que se lles agradece desde o centro educativo o seu graniño de area.