Skip to main content
Sarria

Remata a demolición do edificio da rúa Calexa, que duplicou o tempo de traballo por estar “moi ben construído”

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

A demolición do edificio de sete plantas e 48 vivendas da rúa Calexa de Sarria vén de ser rematada, despois de pasar 8 meses desde o seu inicio.

A empresa encargada dos traballos de demolición, Excavaciones J. Carreira, instalará no solar que queda un peche perimetral con postes de tela metálica co que se dá fin a moitos meses de traballos que definen como “complicados”.

Desde a empresa, din que os traballos pasaron por dificultades porque o edicio “estaba moi ben construído, o mellor de cantos levamos demolidos, que son moitos”, explicaron.

Así, aumentouse o tempo de execución da demolición, xa que ao principio estaba programado para demolerse nuns catro meses e, finalmente, foi o dobre de tempo. Tamén incrementaron os gastos, xa que ao principio o orzamento era de 280.000 euros e, finalmente, gastáronse 350.000.

Demolido o edificio, agora o proxecto do solar será resolver a urbanización dese tramo da rúa Calexa e conectar as augas de escorrentía á canalización do segundo edificio da rúa Calexa.