Skip to main content
Sarria

La Unión de Sarria acolle unha observación astronómica dos planetas e as estrelas este sábado

Por 20 Decembro, 2023Decembro 21st, 2023Sin comentarios

Foto de Óscar Blanco

Este sábado, 23 de decembro, terá lugar en La Unión de Sarria unha actividade consistente nunha observación astronómica a partir das 19.30 horas se o ceo está despexado.

Borja Tosar, astrofísico e divulgador científico, será o encargado de guiar esta actividade, na que poderán participar todas as persoas interesadas que se acheguen a La Unión nese horario.

Durante a iniciativa, instalarase un telescopio profesional e, con el, observarase a lúa e dous planetas que, segundo Borja, son os que mellor se ven nesta época porque están nunha posición adecuada, que son Saturno e Xupiter. Ademais, tamén se verán as principais estrelas e constelacións da Galaxia.

A actividade, que será fóra, probablemete ao lado da fonte que está dentro do recinto de La Unión, será un momento interesante para os cativos e os adultos interesados en ver de preto o ceo.