Skip to main content
ParadelaSarria

O Concello de Paradela e a SD Paradela recoñecen a traxectoria do porteiro Diego López Rodríguez

Por 31 Decembro, 2023Febreiro 4th, 2024Sin comentarios

O futbolista paradelense Diego López Rodríguez vén de anunciar a súa retirada do deporte con 42 anos despois de toda unha vida de traxestoria ligada ao fútbol, xa que comezou nos equipos de Paradela como porteiro de futsal e de fútbol.

De pequeno xa conquistara títulos de campión de liga infantil de fútbol sala comarcal e o trofeo ao porteiro menos goleado, e mentres estudaba no instituto IES Xograr Afónso Gómez de Sarria con algúns xogadores da SD Sarriá, militou no equipo de Ribela.

Despois, formouse na canteira do Club Deportivo Lugo, entidade á que pertenceu desde 1994 ata 2000 e durante a tempada 2000-01 foi o gardameta titular do segundo filial do Real Madrid C, en Terceira División.

Despois de pasar pola Agrupación Deportiva Alcorcón de Segunda División B, regresou ao Real Madrid C e logo pasou dous anos no Real Madrid B. ata que conseguiu o ascenso a Segunda División, cando chegou a súa primeira convocatoria co primeiro equipo, pero sen debutar en partido oficial. Así, en 2006 xa estaba xogando no Real Madrid e en 2007 foi suplente de Casillas.

O resto da súa traxectoria foi pasando por diversos equipos, como o Villarreal CF, o Sevilla FC, o AC Milán, o RCD Espanyol e o Rayo Vallecano, onde decidiu terminar a súa carreira profesional, que anunciou recentemente.

Desde o Concello de Paradela quixeron felicitarlle “pola súa gran traxectoria e dedicación ao deporte que tanto amamos dende a SD Paradela”, sostiveron.

Pola súa parte, Leandro Rodríguez, que foi adestrador de Diego López no ano 1993, cando o profesional xogaba nun equipo de fútbol 7 de Sarria; di que sempre soubo que ía chegar lonxe “a base de humildade e traballo”.