Skip to main content
Triacastela

O vindeiro 21 de decembro o Ceip Eduardo Cela Vila de Triacastela organiza unha festa de Nadal

Por 17 Decembro, 2023Sin comentarios

O colexio Eduardo Cela Vila de Triacastela organiza unha festa de Nadal o vindeiro 21 de decembro, a partir das 12.00 horas, á que invitan a participar a toda a comunidade educativa e tamén á veciñanza.

Desta forma, os nenos e nenas do colexio representarán a obra ‘O Apalpador’ e cantarán unha panxoliña para deleitar a todas as persoas asistentes.

Ademais, tamén estará organizada unha merenda de Nadal e un obradoiro de inverno para incluír entre as actividades e iniciativas desta etapa festiva e despedirse dos nenos e nenas do colexio ata o ano que vén.