Skip to main content
AbadínFozLugoSarria

Unhas 20 corais actuarán este Nadal en Lugo, Sarria, Foz e Abadín

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon son ao Nadal con máis de cincuenta actuacións de corais nas rúas de Lugo e de vilas das distintas comarcas. Unha vintena de agrupacións vocais participan no programa con repertorios adaptados a estas datas, que inclúen desde cantos de Reis ata pezas doutras culturas.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, acompañado polo tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e pola concelleira de Cultura Maite Ferreiro, asistiu esta tarde a primeira das actuacións en Lugo, a cargo do coro feminino Cantar Delas, que actuaron nas rúas de San Pedro e Raíña.

Efrén Castro destacou que “con este programa, a área de Cultura contribúe a ambientar a cidade nunhas datas moi simbólicas, con moita xente nas rúas mercando ou desfrutando dos espazos públicos, que aproveitamos para visibilizar a traballo das corais ” e explicou que “nas dúas últimas edicións apostamos por levar esta programación a vilas como Sarria, Viveiro, Foz, Burela ou Meira, que tamén contarán con actuacións nestes días”.

Ademais de Cantar Delas, participan na programación Coro do Hospital de Lugo, Schola Gregoriana Lucensis, Asociación Músico Vocal Xeada, Conxunto Vocal Lugh, Orfeón Xoan Montes, Orfeón Lucense, Coral Polifónica Xolda, Ecos do Miño, Solo Voces, Coral Cantigas e Frores e a coral do Cuarto Ciclo da USC; todas elas con actuacións en Lugo.

O programa inclúe tamén actuacións da Coral Polifónica de Foz, Coro de Ribadeo, Sarricanta, Coral Luar, Coral Polifónica Alborada, Coral Polifónica de Burela, Coral Polifónica de Abadín e Coral Polifónica de Meira.

Na primeira semana de decembro, celebraronse actuacións da Coral Polifónica de Ribadeo en Ribadeo, da Coral Luar en Vilalba e da Coral Polifónica de Abadín en Meira.

Calendario

Luns, 11 de decembro
Cantar Delas
18 horas
Rúa San Pedro e rúa da Raíña. Lugo

Martes, 12 de decembro
Schola Gregoriana Lucensis
18 horas
Rúa San Pedro e rúa da Raíña.- Lugo

Mércores, 13 de decembro
Schola Gregoriana Lucensis
18 horas
Campo Castelo. Lugo.

Solo Voces
20:15 horas
Rúa da Raíña e Praza do Campo. Lugo

Xoves, 14 de decembro
Conxunto Vocal Lugh
18 horas
Rúa San Pedro e rúa da Raíña. Lugo

Sarricanta
19 horas
La Unión.Sarria

Venres, 15 de decembro
Asociación Músico Vocal Xeada
18 horas
Rúa San Marcos. Lugo

Solo Voces
20:15 horas
Praza Maior e Praza do Campo. Lugo.

Sábado, 16 de decembro
Coral Polifónica de Foz
13 e 20 horas
Foz

Coral Polifónica de Meira
19 horas
Abadín

Luns, 18 de decembro
Coral Ecos do Miño
17 horas
Campo Castelo e Rúa da Raíña. Lugo

Coro Cantar Delas
18 horas
Rúa Quiroga Ballesteros e Praza de Santo Domingo. Lugo

Orfeón Xoan Montes
19 horas
Rúa da Raíña e Praza Maior. Lugo