Skip to main content
Begonte

A Xunta de Galicia dá o visto bo á construción dunha escola infantil en Begonte

Por 3 Decembro, 2023Decembro 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte e a Consellería de Política Social e Xuventude acordaron a posta en marcha para o vindeiro curso dunha escola infantil nas inmediacións do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño.

Este proxecto permitirá a creación de 45 prazas de educación infantil de 0 a 3 anos no Concello de Begonte.

As instalacións, de nova construción nunha única planta, constarán de dúas aulas, recepción, despacho e aseos ademais dunha zona de xogos ao aire libre.

Para a construción desta escola aprovéitase o proxecto co que xa contaba o Concello para construír un Punto de Atención á Infancia (PAI).

A alta demanda existente levou ao Concello a apostar por transformar o proxecto, para o que recibirá unha subvención de 240.000 euros por parte de Xunta de Galicia, o que duplica o presuposto previsto inicialmente para a instalación.