Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei arranca o seu Nadal coa visita de Papá Noel

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

O Nadal arranca oficialmente en Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea este sábado, 23 de decembro coa visita de Papá Noel que estará ás 18.00 horas no Centro Cultural Xosé Manuel Carballo e ás 19.30 horas en Castro Ribeiras de Lea, na Casa da Cultura.

Ademais, o concello contará con varias actividades durante estes días festivos. Así, o 26 de decembro está previsto un obradoiro de Scrapbooking, sobre postais de Nadal que se fará en Castro Ribeiras de Lea entre as 17.00 e as 18:15 horas. É necesaria inscrición previa. Esta mesma sesión repetirase ao día seguinte en Castro de Rei co mesmo horario.

Contará tamén o xoves 28 coa tradicional visita a Xuvenlugo, dirixio a nenos apuntados nas escolas deportivas.  Visitarán o pazo de Feiras entre as 16:00 e as 21:00 horas.

Xa co ano novo está previsto outro obradoiro creatividade para elaborar chapas. Tamén terá dúas xornadas. O día 2 estarán no Centro Cultural Xosé Manuel Carballode Castro de Rei, de 17.00 a 18:15 horas e con inscrición previa. Ao día seguinte será a vez de Castro Ribeiras de Lea.

O día 5 será a chegada dos Reis Magos de Oriente, que ao longo da mañá serán recibidos polo alcalde. Visitarán as residencias de maiores San Xoán De Castro de Rei Domus VI, Cruz Vermella e Gardería Municipal.

Ás 18:30 horas está prevista a saída da cabalgata detrás do Río Lea. Percorrido polas rúas da Vila e recepción na Casa de Cultura aos nenos, onde entregarán bolsas de larpeiradas sen glute. A sesión estará animada polo Mago David Méndez e haberá unha Gran Chocolatada.

O programa chegará ao seu fin o día 6 coa despedida dos nenos aos Reis Magos de Oriente ata o ano que vén con doces agasallos e chocolatada no Centro Cultural Xosé Manuel Carballo as 16:00 horas. Volverá actuar o Mago David Méndez.