Skip to main content
Cospeito

Xa hai datas da Moexmu do 2024

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Empresarios de Muimenta ten xa data para a que vai ser a XL edición da Moexmu. Así, esta terá lugar a fin de semana do 4, 6 e 7 de abril do ano 2024.

Ademais, coma sempre, a XXXIII edición da Festa da Filloa terá lugar o 1 de maio.

Nesta ocasión, a feira cospeitesa celebra un aniversario de relevancia polo que xa conta cun deseño especial de Paula Francos Anllo para dito evento.

A comisión organizadora traballa arreo para preparar unha nova edición que buscará ser aínda máis espectacular debido ao aniversario dos 40 anos de vida.

Como sempre, a comisión está xa coa recadación de fondos e vende lotería cun donativo, cartos que se utilizarán para subvencionar esta feira.