Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Asubiíños da Chaira organiza o Festival de Nadal solidario o día 15 en Cospeito

Por 9 Decembro, 2023Decembro 10th, 2023Sin comentarios

O grupo de música Os Asubiíños da Chaira organiza un Festival de Nadal solidario o vindeiro venres 15 de decembro. A música será a protagonista da cita, que terá lugar na casa da cultura da Feira do monte, en Cospeito, a partir das 20.00 horas.

A reporteira Coty Lamela presentará a iniciativa na que actuarán, ademais dos Asubíos, Xisco Feijoó, que será o cabeza de cartel desta edición. Dende Vigo chega A Roda.

Tamén forman parte do cartel a banda de pop galego Plan Siberia, o cuarteto Beteluma e o grupo Astarot, sen esquercerse dos Pre e Asubíos da Chaira. O donativo é de 5 euros e todo o recadado estará destinado á Fundación Meniños.