Skip to main content
Cospeito

Teatro afeccionado este sábado en San Martiño de Pino

Por 8 Decembro, 2023Sin comentarios

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Cospeito.

O sábado 9 de decembro, ás 19.00 horas, representarase na biblioteca de San Martiño de Pino De poucas luces, de grupo de teatro O Centiño, dirixida por Pepe Peinó.

O Nadal é tempo de paz, de esperanza, de felicidade, ilusión e luz. Frei Bombilla, o abade do Mosteiro da Luz é consciente disto e, coa axuda de Sor Luminiscencia, abadesa do Mosteiro do Resplandor, organiza o Primeiro Concurso de Luces de Nadal. O colorido, a intensidade, a brancura, incluso a luz da razón e a luz do corazón compiten por levar o premio, máis de novo triunfa o concursante máis inesperado. Paquiño sabe de verdade como iluminar o mundo.