Skip to main content
Cospeito

O centro de día de Cospeito inicia hoxe o programa de Nadal

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O centro de día Vila de Valverde de Cospeito terá actividades polo Nadal. A música terá un papel moi importante, así haberá varias actuacións. A primeira delas, está a cargo da agrupación da UNED Sénior de Eume e Terra Chá que terá lugar hoxe, luns 18, ás 16.00 horas, mentres que mañá martes, á mesma hora, será a vez da banda Pre-Asubíos da Chaira.

O Festival de Nadal está fixado para a vindeira semana, en concreto para o día 29, tamén a partir das 15.30 horas, e incluirá unha sesión de Trivial.

Rematarán a actividade o martes 2 de xaneiro, ás 16.00 horas de novo, coa recital da coral polifónica Virxe do Monte de Cospeito.

Ademais a maiores destas celebracións e de adornar o centro coa decoración propia destas festas, na entrada do centro colocouse un buzón de Papá Noel, que recollerá as cartas de todos aqueles que queiran depositalas tanto para el como para os Reis Magos.