Skip to main content
Cospeito

A Casa da Cultura de Muimenta acolle a proxección da película ‘La leyenda de Klaus’

Por 28 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cospeito vén de anunciar unha actividade final do ano 2023, que consiste na proxección dunha película nunha sesión de cine de Nadal para todos os públicos.

Así, a película será ‘La leyenda de Klaus’, que se poderá vero sábado 30 de decembro ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Muimenta con entrada gratis para todas as persoas interesadas en participar.

A sinopse di que Jesper é carteiro e como era o peor estudante da academia postal, destínano a un lugar más aló del Círculo Polar Ártico. Os seus habitantes nunca envían cartas, así que Jesper está a punto de renderse… ata que atopa a Klaus, un misterioso fabricante de xoguetes que vive illado nunha cabana chea de xoguetes feitos á man. Ambos farán boas migas mentres deciden traer de volta a alegría ao triste e frío pobo. Porque un verdadeiro acto de xerenosidade sempre xera outro.