Skip to main content
Guitiriz

Parga rende este martes unha homenaxe á mestra Ofelia Rodríguez Díaz

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

Este martes, 5 de decembro, o Campo de Feira de Parga acollerá unha homenaxe a Ofelia Rodríguez, mestra en Parga, Roca e Miraz, con mor do aniversario do seu pasamento.

Será ás 17:00 horas ao lado da exposicion da Casa de Rosalía, no Campo da Feira. E caso de choiva trasladarase á Casa das Nenas.

O acto contará coa intervención da alcaldesa, Marisol Morandeira, e o coordinador de Xermolos, Alfonso Blanco Torrado.