Skip to main content
Guitiriz

Parga rendeu unha homenaxe á mestra Ofelia Rodríguez Díaz

Por 6 Decembro, 2023Sin comentarios

A deputada de Cultura Iria Castro participou na homenaxe á mestra Ofelia Rodriguez Díaz, organizada pola Asociación Xermolos coincidindo co aniversario do seu pasamento.

O acto celebrouse no peirao ferroviario de Parga, a carón da mostra A Casa de Galicia” sobre os 50 anos da apertura como museo da Casa de Rosalía, que está a percorrer a xeografía lucense co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que permanecerá en Parga ata o 12 de decembro.

A Asociación Xermolos colabora na itinerancia desta mostra que serviu de escenario para o recoñecemos á docente, lembrada pola veciñanza de Guitiriz pola súa dedicación ao alumnado, como se remarcou durante o acto.

A Casa de Galicia

A mostra A Casa de Galicia relata a historia da compra, restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A vivenda, abriuse o público por primeira vez en xullo de 1971 e nos seguintes meses completouse a musealización inicial, incorporando, entre outros elementos, mobiliario cedido pola familia de Rosalía de Castro.

Iria Castro valorou a itinerancia desta exposición pensada para espazos exteriores e que estivo nunha vintena de concellos “como unha mostra de colaboración entre as distintas institucións e o asociacionismo para reivindicar Rosalía de Castro como referente cultural pero tamén como muller comprometida socialmente e pioneira do feminismo” e animou á veciñanza da vila e da comarca “a achegarse a exposición, que dá conta do poder mobilizador da figura de Rosalía e da súa obra en pleno franquismo”