Skip to main content
Guitiriz

Regresan a Guitiriz os bailes para a veciñanza

Por 8 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza os domingo 10 e 17 de decembro unha sesión de baile, unha actividade que regresou ao termo municipal este outono.

Terá lugar no soto da Casa Habanera, de 17.00 a 20.00 horas. A intención de eta xornada é bailar e animarse a pasar unha tarde divertida entre os veciños. Esta actividade repetirase normalmente os últimos domingos de mes e está dirixida todo o público.

Os que non desexen bailar terán á súa disposición xogos de mesa.