Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz repartirá 2.250 euros en premios na campaña do comercio local

Por 14 Decembro, 2023Sin comentarios

Concello de Guitiriz, en colaboración cos empresarios do municipio, reparte 2.250 euros na súa campaña de promoción de comercio local baixo o lema Mercar no Concello de Guitiriz ten premio. A campaña consiste no reparto de 45 vales regalo por valor de 50 euros para mercar nos establecementos da localidade.

As persoas gañadoras serán aquelas que a súa papeleta coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería do Neno, que se celebrará o vindeiro 6 de xaneiro. A rifa premiada deberá consumirse no establecemento que a entregou antes de que pasen 30 días desde a celebración do sorteo.

Na iniciativa participan un total de 45 empresas de distinta índole: desde comercios de roupa, alimentación, ferreterías, lavanderías, tendas veterinarias, salóns de peiteados, etc.

O listado de persoas gañadoras farase público na web do Concello e nos taboleiros de anuncios municipais.