Skip to main content
GuitirizXermade

Corte de luz este domingo en varias parroquias de Xermade e en Labrada

Por 16 Decembro, 2023Sin comentarios

Begasa comunica que, debido á realización de tarefas de mantemento e reparación na liña de media tensión, o domingo 17 de decembro terán que deixar temporalmente sen subministro eléctrico de 9 a 15 horas a algúns núcleos da parroquia de Labrada, no concello de Guitiriz, e tamén aos lugares de San Martiño (Cabreiros), Xermade, Miraz e Momán.

O subministro irase devolvendo paulatinamente segundo vaian rematando as tarefas.