Skip to main content
Meira

Meira celebrará o día 30 unha nova homenaxe a Xosé da Flor

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Eme de Meira organiza o día 30 de decembro unha serie de actividades en homenaxe a Xosé da Flor.

Esta iniciativa arrincará cun partido de fútbol amistoso ás 11.00 horas no campo de fútbol da Pastoriza entre un combinado meirego e unha selección de Crecente. Ás 14.30 horas, está prevista unha comida de confraternidade na Casa Cazoleiro, que terá un prezo de 30 euros a pagar ese mesmo día.

As persoas que desexen apuntarse poden facelo por whatsapp con Víctor (686 780 405) ou Felipe (629 966 551).