Skip to main content
Axenda CaducadaMeira

Xulio Pardo de Neyra presentará ‘Ollos Azuis’ en Meira este venres

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 15 de decembro, Xulio Pardo de Neyra presentará a súa obra Ollos Azuis en Meira. A proposta comezará ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello. Contará coa intervención do concelleiro Agustín Méndez Moirón e do escritor Manuel Vázquez.

A obra, que se corresponde coa segunda das sinfonías na que retrata a música atonal de Terra de Miranda e Terra de Burón, Pardo de Neyra volve recuperar un feixe de historias rescatadas do baúl da súa memoria familiar para, neste caso, efectuar unha viaxe literaria polo camiño da herdanza duns ollos azuis que, de home a home, esqueceu a súa verdadeira procedencia feminina.

Neste traballo insístese de novo no lirismo e na maxia que, para todo clan familiar, ben pode referir unha procedencia xeográfica determinada, para alén de rexistrar como a importancia da figura da muller foi capital e despois insistentemente louvadora do elemento masculino.