Skip to main content
Meira

Mickey Mouse e Papá Noel acompañará á banda de Meira no seu concerto de Nadal

Por 29 Decembro, 2023Sin comentarios

Meira volverá vivir un fin de ano no que cobrará especial protagonismo o concerto da Banda Municipal de Música de Meira, que celebrará a súa cita anual este sábado, 30 de decembro, ás 20.00 horas.

Non será un concerto só, xa que haberá moitas sorpresas para os asistentes, moitas delas para os máis pequenos. Así, está prevista a visita de Papa Noel, que xa estivo en Meira e que volverá pasar pola casa da cultura local, onde se celebra este evento.

Ademais, está prevista tamén a visita de Mickey Mouse, que vén directamente desde Disneyland para participar neste concerto. Estarán tamén Marta Pacín e Lolo Castro.

Abriranse as portas ás 19.45 horas.

BADALADAS

Por outra banda, o concello notificou a suspensión das badaladas previstas para este domingo, ás 12.00 horas do mediodía debido a problemas técnicos.