Skip to main content
Muras

Os clowns van á guerra este sábado en Muras

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Muras.

O sábado 2 de decembro, ás 19.00 horas, representarase na casa Casa do Médico Clow war, de Falcatrueiros, unha creación colectiva dirixida por Jouse García.

O obxectivo é poñer aos clowns noutra situación ben diferente… Mandámolos á guerra! Como se enfrontarían os clowns a esta situación? Que ocorre con eles nunha trincheira? Ímolo descubrir neste espectáculo, no cal, o humor e a risa están presentes dende o primeiro minuto da función.