Skip to main content
Muras

Imparten en Muras un curso sobre benestar animal

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras acolle o vindeiro mes de xaneiro un curso sobre benestar animal, organizado pola asociación Atila, Amigos dos Cabalos.

Así, esta formación, que se levará a cabo as fins de semana, ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas coa materia.

Unha vez rematada a formación realizarase un exame en Ribadeo, en febreiro, na sede da Xunta. O curso ten un custe de 150 euros, pero o prezo variará en función do número de persoas anotadas.

Os interesados en participar nesta acción formativa poden poñerse en contacto coa directiva do club no teléfono 667 609 990 ou no correo atilamuras@gmail.com.