Skip to main content
Muras

Un campamento e a festa de Reis centran o programa de Nadal de Muras

Por 14 Decembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras centrará o seu programa de Nadal en dúas actividades orientadas aos máis pequenos da casa. Así, volverá organizar un campamento de Nadal para a cativada co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Este campamento terá lugar os días laborais das vacacións escolares, entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro. Será todas las mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas na casa do médico con actividades para todos.

Será gratuíto e contará con monitoras para acompañar aos pequenos.

As persoas interesadas poden inscribirse no Concello no teléfono 982 500 001 ata o 20 de decembro.

O campamento rematará coa tradicional festa, que contará con varias sorpresas, entre as que figuran contacontos, unha chocolatada e a visita dos Reis Magos.

OBRADOIRO

Previamente, este venres 15 terá lugar un obradoiro interxeneracional para adornos de Nadal organizado por Afalu que se desenvolverá ás 16.30 horas na Casa do Médico que leva por título Mans de Nadal.