Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A sociedade deportiva Outeiro de Rei celebra a súa cea de Nadal o 16

Por 3 Decembro, 2023Sin comentarios

A sociedade deportiva Outeiro de Rei celebra a súa tradicional festa de Nadal o vindeiro 16 de novembro no pavillón municipal do Concello. A cita comezará ás 21.00 horas e a cea dará inicio ás 22.00 horas.

Haberá música co DJ Francis, sorteos, bingo e  monitores para os nenos. Os interesados xa poden solicitar as súas entradas ata o vindeiro 11 de decembro no café bar O Pozo. Trátase dunha proposta aberta a socios, colaboradores, xogades, familia e amigos.

O menú adultos contará con troitas, paella, carne asada, larpeira e café por un prezo de 25 euros para socios e de 35 para os non asociados. O menú infantil, que será gratis ata os 5 anos e que custará 12 euros ata os 16 anos, inclúe troitas, paella, carne asada pizza e sobremesa.