Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Penas de rodas acolle a peza teatral ‘Fuga’

Por 8 Decembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Penas de Rodas poderán gozar dunha nova proposta teatral. Este sábado, 9 de decembro, poderán ver Fuga (57 Palabras), dirixida por Patricia Neira.

Trátase dunha proposta de carácter gratuíto que terá lugar no local social da asociación. A peza teatral comezará ás 19.00 horas.

Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fio argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.

A cita está organizada pola Asociación Penas de Rodas e conta coa financiamento da Deputación provincial de Lugo.