Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle esta tarde a tradicional San Silvestre

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes pecha as actividades deportivas do ano 2023 coa tradicional carreira de San Silvestre que se celebra hoxe, domingo, a partir das 16:30 horas

A carreira, organizada polo Concello das Pontes coa colaboración do club local Trieume, disputarase sobre un circuíto de 2,5 quilómetros, con saída e chegada na Rúa Alexandre Bóveda e haberá catro categorías: biberón: 150 m (ano nacemento do 2016 en diante), Sub12: 500 m (ano nacemento 2011, 2012, 2013, 2014, 2015), Sub16: 1000 m (ano nacemento 2007, 2008, 2009, 2010), absoluta: 2500 m (ano nacemento 2006 e anteriores) e inclúe tamén unha andaina de 2,5 quilómetros que tomará a saída ás 17:35 horas.

As As inscricións e recollida de dorsais faranse hoxe desde as 15:30 horas na carpa situada no patio do CEIP Santa María e os participantes menores de idade deberán ter o consentimento do titor.