Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Abre a inscrición para a tradicional Don Silvestre de Rábade

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

Rábade contará un ano máis coa súa tradicional carreira popular de San Silvestre, que chega á súa IX edición e que sairá da praza do Concello.

Así, a Don Silvestre Rabadense 2023 será o domingo 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00. A carreira dos máis pequenos estará dividida en tres grupos. Os que naceron no 2018 e en anos posteriores serán os que abrirán a competición, que terá 50 metros. 600 será a distancia que percorrerán os nados entre 2014 e 2018, que sairá cinco minutos despois. O resto, os naceron entre 2008 e 2013 sairán ás 11.35 e terán que facer 1.200 metros de percorrido.

O prazo de inscrición xa está aberto e é ata o 28 de decembro, podendo facer efectiva a mesma dende www.championchipnorte.com.

A inscrición será gratuíta.

Ao ser unha proba non competitiva non haberá clasificación pero si, ao remate do evento, farase entrega dos premios aos catro mellores disfraces. Recibirán un agasallo e unha medalla todos os menores participantes y haberá sorteos ademais dun refrixerio ao terminar. Contarán con servizos coo avituallamento, gardarroupa e duchas.