Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rematan as obras de recuperación da praza de España de Rábade

Por 26 Decembro, 2023Decembro 27th, 2023Sin comentarios

Xa remataron no concello de Rábade as obras de recuperación de espazos públicos na Praza de España. O Goberno local vén de finalizar os últimos traballos dunhas obras que consistiron na recuperación dun espazo da Praza de España “que estaba completamente abandonado e que non podía ser usado polos veciños e veciñas debido ao seu mal estado”, explicou a alcaldesa ao inicio das obras.

Eliminouse o “vertedoiro” no que se tiña convertido a antiga fonte, repuxeron as árbores orixinais, magnolios, e a iluminación con farois de fundición, ao tempo que se recuperou a zona como espazo público para uso e desfrute dos veciños e veciñas.

Coa instalacións dos farois de fundición déronse as obras por rematadas.