Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Entregados os premios do concurso de postais de Nadal de Rábade

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Rábade entregou os premios do concurso de postais de Nadal, que llega á XVII edición. A alcaldesa de Rábade, Reme González, e o concelleiro Carlos González, foron os encargados de facer a entrega.

As vencedoras foron Yenli Milagros (Categoría A, de 3 a 5 anos), Yanira Casanova (Categoría B, de 6 a 9 anos) e María Nogareda (Categoría C, de 10 a 14 anos).

Tamén levan premio o 2º e o 3º posto. A dotación dos premios é de 60 euros para o primeiro, 40 para o segundo e 20 para o terceiro. Deberán ser canxeados no comercio de Rábade.

O Concello dálle os parabéns a todos e todas e as grazas por participar no concurso.