Skip to main content
Vilalba

Aprazada para o día 17 en Vilalba a sexta edición da andaina solidaria de Cruz Vermella

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

Un ano máis, Vilalba acollerá a Andaina Solidaria de Cruz Vermella, que ten como obxectivo recaudar fondos para a compra de xoguetes novos para aqueles nenos de familias sen recursos e con risco de exclusión social.

Esta tiña previsto celebrarse este domingo, 3 de decembro, pero as malas previsións meteorolóxicas así como a enfermidade do equipo técnico organizador, fixeron recomendable o seu aprazamento para o día 17 deste mesmo mes, a partir das 12.00 horas.

A inscrición para a mesma segue aberta e pode realizarse nas oficinas de Cruz Vermella, situadas no polígono industrial de Sete Pontes e nos teléfonos 620 218 127 ou 982 511 303 de luns a venres entre as 10.00 e as 20.00 horas.

Como o ano pasado, os participantes poderán aportar o que consideren como cota de inscrición e recollerán o seu dorsal a partir das 11.30 horas. O percorrido, todo urbano, constará de 3,5 quilómetros sen dificultade ningunha para que podan participar persoas de todas as idades con saída e chegada á praza de Santa María.

O prazo de inscrición remata o 1 de decembro. Tamén poderán participar os pequenos da casa coas súas bicicletas, patíns ou patinetes.