Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba denuncia que un usuario quedou pechado na estación de autobuses

Por 2 Decembro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, vén de denunciar un novo problema causado polas decisións da Xunta de Galicia respecto da estación de autobuses.

O pasado mércores, un viaxeiro quedou pechado no interior e a Policía Local tivo que intervir para que puidese saír. Para a rexedora, situacións como esta “veñen reforzar as demandas do Concello: é necesario contar cunha estación”.

O incidente deste mércores produciuse logo de que a Xunta adoitase a medida de pechar a estación. Dende entón, unicamente está a acceder o persoal dunha empresa que ten alugadas dependencias no interior.

Nun momento no que a porta quedou aberta, o viaxeiro, que sufrira unha indisposición, accedeu aos servizos. Cando quixo saír, xa non puido. Os traballadores da empresa marcharan e pecharan. Policías Locais tiveron que localizar a unha persoa que puidese abrir de novo mentres o home agardaba dentro.

Rouco insiste en que a estación non pode estar pechada. “Os usuarios necesitan contar cuns servizos mínimos, como un lugar onde esperar en condicións e non agardar á intemperie, e tamén uns baños que poidan utilizar”, detalla.

Para a rexedora, o acontecido pon de manifesto “as necesidades que hai e os problemas que teñen os pasaxeiros e as pasaxeiras, motivados pola inacción da Xunta de Galicia.

Por todo isto, a alcaldesa esixe que a Administración autonómica lle dea unha solución ao problema “dunha vez por todas” e pór enriba da mesa a súa proposta. Polo de agora, o Goberno galego indicou a súa intención de construír un apeadeiro, pero aínda non presentou proposta ningún. Pola súa banda, Marta Rouco insiste en que vai seguir defendendo os intereses da veciñanza de Vilalba.