Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba recuperará unha vía para unir dúas localidades en Sancovade

Por 2 Decembro, 2023Decembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Pleno Municipal aprobou por unanimidade a proposta do Vicealcalde Modesto Renda, relativa á rehabilitación integral da vía que une a Frouxeira co barrio de Paxán, na parroquia de Sancovade.

Unha actuación reivindicada polos veciños/as desta parroquia dende hai máis de 20 anos, que conta cun orzamento de execución por contrata de 22.022€ e que se adxudicará xa na anualidade.

“O noso obxectivo é mellorar as comunicacións da parroquia e posibilitar, ó tempo, que as moitas fincas ás que dá servizo teñan un acceso digno”, explicou Renda.