Skip to main content
Vilalba

Pablo Nogueira recolleu o premio Agustín Fernández Paz

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O auditorio vilalbés acolleu esta fin de semana o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de literatura infantil e xuvenil pola igualdade, que recaeu no escritor e mestre Pablo Nogueira Campo pola obra Ringo. Memorias dun coello fedello.

Este premio está organizado polo Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais e ten unha recompensa de 3.000 euros e a publicación da obra gañadora.

O xurado desta edición estivo formado por Manuel Bragado, Fina Casalderrey e o propio Lois Pérez que, por unanimidade recoñeceron esta obra entre as 15 que se presentaron.

O acto contou coa participación da Asociación de Xordos e numerosas actuacións de baile e música entre os que figuraron o grupo Lambe Lambe, Corredores de Sombra, Escola de Movemento, BMV Ensemble e o alumando do IES Basanta Silva, nunha sesión dedicada ás letras e nas que se volveu reivindicar un Día das Letras Galegas para Agustín Fernández Paz.