Skip to main content
Vilalba

A asociación de Santiago de Sancovade organiza un concurso de postais de Nadal

Por 7 Decembro, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños Santiago de Sancovade organiza un concurso de postais de Nadal. O colectivo pide axuda coa decoración para estas festas. Os interesados poden facer chegar a súa postal coa temática de Nadal, deixándoa na caixa do correo da escola ou entregándolla a algún membro da asociación.

A data límite de entrega é o 12 de decembro. Poden participar veciños de Sancovade de calquera idade ou con lazos familiares na parroquia. O formato é A5 e no reverso debe conter un pseudónimo, idade e teléfono de contacto.

As postais subiranse ao Facebook e será un xurado externo á asociación o que elixa as postais gañadoras entre as máis votadas en cada categoría. Haberá dúas categorías, unha de infantil e outra para adultos para participantes de máis de 14 anos.