Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba reclama á Xunta que arranxe un muro do centro de saúde

Por 5 Decembro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, denuncia que a Consellería de Sanidade da Xunta leva máis dun ano sen contestar aos requerimentos do concello para que arranxen un muro xunto ao aparcadoiro do Centro de Saúde que ten uns bloques “con risco de desprenderse”.

Rouco alerta de que estes bloques “poderían caerlle a alguén enriba, é necesario que a consellería solucione este problema”.

“Hoxe volvimos mandar outro requerimento, a ver se desta vez contestan”, sinala a alcaldesa, que lembra que o Centro de Saúde e estes arranxos son competencia da Xunta de Galicia.

“En todo este tempo nin se tivo contestación nin fixeron nada, e isto non pode estar así, cortado ao paso, leva un ano no que a xente ten que ir pola zona reservada aos coches e non vai pola beirarrúa, ademais do perigo de que caia o muro”, explica Rouco.