Skip to main content
Vilalba

Un obradoiro de decoración de nadal percorrerá as parroquias de Vilalba

Por 10 Decembro, 2023Decembro 11th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba organiza unha serie de obradoiros gratuítos e para todas as idades esta semana que comeza dirixido a menores de 8 anos acompañados dun adulto.

Así, dunha forma amena e divertida, aprenderán a facer os adornos de Nadal para as súas casas con material reciclado, continuando coa nosa aposta pola concienciación sobre a reciclaxe e o aproveitamento dos materiais.

O primeiro terá lugar este luns, 11 de decembro no Concello de Vilalba e ao día seguinte comezará o seu percorrido polas parroquias comezando o martes en Santaballa. O resto da semana estarán en Goiriz, Net e Ladra.

As persoas participantes deben levar dous rollos de papel hixiénico para facer os adornos.

O obradoiro conta con prazas limitadas e os que desexen información ou inscribirse poden poñerse en contacto coa anpa correspondente.