Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

A Asociación de Veciños de Goiriz de Vilalba organiza unha Xuntanza de Ano Novo

Por 24 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Goiriz pon en marcha unha nova proposta para festexar estas datas de Nadal. O colectivo organiza o vindeiro 1 de xaneiro a Xuntanza de Ano Novo.

A cita comezará ás 01.30 horas na Escola Habanera de Goiriz, en Vilalba. Haberá música para todos os públicos, karaoke por parellas, chocolate con churros, sorteos e moitas máis sorpresas.´

Os interesados en participar poden poñerse en contacto con Moisés a través do 629 847 744 ou con Marina a través do 645 952 873.