Skip to main content
Vilalba

Volve pechar o parque de bombeiros de Vilalba por falta de efectivos

Por 14 Decembro, 2023Sin comentarios

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informa de novos problemas para completar os equipos dos parques de bombeiros.

Dos tres efectivos previstos no cuadrante deste xoves no Parque de Bombeiros de Vilalba, só se incorporaron dous, incumpríndose así os servizos mínimos.

Avisados os suplentes, non se presentaron, e os traballadores do resto de parques que poderían desprazarse ao de Vilalba decidiron acollerse ao dereito de folga en canto lles foi comunicado.

Ante esta situación, o Consorcio trasladou aos dous efectivos incorporados en Vilalba para reforzar o parque de Barreiros, dende onde se atenderán as posibles incidencias.