Skip to main content
Vilalba

Convocada unha nova edición da San Silvestre Vilalbesa

Por 17 Decembro, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición da VIII Carreira San Silvestre Vilalbesa 2023, que como cada Nadal servirá para dicir adeus ao ano o próximo día 31.

A proba dividirase de novo en seis categorías: mini (nados entre o 2018 ao 2020) cun percorrido de 150 metros; pitufos (2017 a 2016) con 300 metros; sub 10 (2015 a 2013) que completarán 900 m; sub 13 (2012 a 2010) con 1.800 m, e a absoluta (2009 e anteriores) cunha distancia de 5.120 m; así como a andaina de 2 quilómetros.

A praza da Constitución de Vilalba será o punto de saída e de chegada das carreiras que comezarán ás 16:30 no caso dos máis cativos ata ás 17:30 horas, momento en que lle tocará a quenda ós participantes na proba absoluta e na andaina.

As inscricións son de balde para todas as probas e poderán formalizarse ata o martes 26 de decembro ás 23:59 horas na web da competición.

A diferenza doutras edicións, non se aceptan as inscricións por teléfono, correo electrónico ou de maneira presencial.

Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano, tódolos participantes poden asistir disfrazados.