Skip to main content
Vilalba

Veciños de Sancovade organizan un concurso de decoración de Nadal

Por 19 Decembro, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños de Santiago de Sancovade organiza dous concursos con motivo da celebración do Nadal. O primeiro concurso, que xa se rematou o prazo é o de postais de Nadal.

O segundo leva por título Ilumina Sancovade fundaméntase na decoración de Nadal. Así, invitan á veciñanza a decorar fachadas, balcóns ou exterior de edificios, fotografialos e envialos para que se faga unha votación nas redes sociais.

Poden enviarse estas fotos a través de whatsapp, messenger de Facebook ou no correo asvsancovade@gmail.com. As fotografías subiranse ás redes sociais e os veciños poderán votar entre o 23 e o 27 de decembro. As tres máis votadas irán a unha final na que será un xurado o que elixa.