Skip to main content
Vilalba

O Concello reparte entradas gratuítas á pista de xeo a estudantes vilalbeses

Por 21 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba reparte unha entrada gratuíta á pista de xeo a cada neno/a dos cinco centros de educación Infantil e Primaria de Vilalba.

“É un dos grandes atractivos do Nadal en Vilalba e queremos que todos os nenos e nenas desfruten da experiencia”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.

O concello celebrará un pleno mañá ás 09:00 horas para aprobar o prezo público da pista de xeo, que será de 5 euros igual que o ano pasado.

A pista de xeo inaugurarase o sábado 23 de decembro na praza da Constitución.