Skip to main content
Vilalba

Escollidos os gañadores do concurso de postais da asociación de Sancovade

Por 22 Decembro, 2023Sin comentarios

Integrantes do grupo de gaitas e pandereita Árdelle o Eixo foron os encargados de facer de xurado no concurso de postais organizado pola Asociación de veciños Santiago de Sancovade.

Os finalistas da categoría infantil foron Elfo de Sancovade, Chilindrina e Col. Na categoría adulto o premio disputouse entre Gala, Santa Claus e Susana.

Cunhas votacións axustadas decidiron que os ganadores foran na categoría infantil o Elfo de Sancovade e na de adulto, Gala.

A asociación lembra que ten en marcha aínda o concurso de decoración de Nadal.