Skip to main content
Vilalba

O IESCHA de Vilalba acolle a presentación do libro ‘1916-1923: O irmán Peña Novo’

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, en  colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de  Lugo, organiza este xoves 28, a presentación do libro ‘1916-1923: O irmán Peña Novo’ de Alberte Currás Gato.

A presentación, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba ás 20.00 horas, contará co presenza do propio autor do libro, Alberte Currás Gato, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Esta publicación, contemplada polo Instituto de Estudos Chairegos para o presente ano 2023, e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, focaliza o labor municipal en A Coruña do concelleiro Lois Peña Novo, o primero electo nunha candidatura nacionalista galega.

“Saíu elexido polos votos da cidadanía da Coruña en 1920 e botárono polas botas militares tralo Golpe de Estado do ditador Primo de Rivera, en 1923”, explican desde o Iescha.