Skip to main content
Vilalba

A avenida de Cospeito de Vilalba será renovada e mellorarase a sinalización

Por 28 Decembro, 2023Decembro 29th, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba renovará o firme e a sinalización da avenida de Cospeito, xa que “con esta actuación, mellorará o tráfico e a seguridade nun vial moi utilizado polos veciños e veciñas de Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco Vilalba.

A actuación, que foi aprobada nun pleno extraordinario, terá lugar, concretamente, no tramo entre a rúa Abadín e a avenida Terra Cha e suporá a renovación da capa de rodaxe e a sinalización horizontal da avenida.

“Grazas a estes traballos, melloraremos o tráfico e a seguridade viaria nunha avenida moi utilizada polos veciños e veciñas de Vilalba”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco. As obras contan cun investimento de 26.650 euros e un prazo de execución dun mes.