Skip to main content
Vilalba

Cruz Vermella Vilalba recadou 569 euros na andaina deste mes

Por 30 Decembro, 2023Sin comentarios

O domingo 17 de decembro Cruz Vermella Vilalba celebrou a V Andaina solidaria, onde máis de 100 participantes puideron gozar dun marabilloso paseo polas rúas do centro urbano de Vilalba.

Coa axuda de todos os participantes e tamén simpatizantes, conseguimos recadar 569 euros, que irán destinados á compra de xoguetes novos para máis dun centenar de nenas e nenos da comarca que se atopan en risco de exclusión social.

“Queremos dar as grazas a todos os participantes polo esforzo, por acompañarnos nunha iniciativa como esta e, sobre todo, por axudarnos a manter viva a ilusión dos máis pequenos”, dixeron desde a organización.