Skip to main content
Xermade

Rematan as obras do parque infantil de Roupar

Por 3 Decembro, 2023Decembro 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade recibiu a obra denominada Área de xogos infantís en Roupar, adxudicada a Jardinería Arce SL en 63.987,38 euros, dos cales 58.671,30 euros foron achegados pola Deputación de Lugo a través do Plan Único de cooperación cos concellos do ano 2022.

O parque executouse na parcela que o concello adquiriu ao Arcebispado de Mondoñedo-Ferrol, constituíndo a primeira fase dun proxecto que inclúe a rehabilitación e ampliación da Casa Reitoral de San Pedro Fiz para dedicala a centro de día para persoas maiores.

Trátase da segunda área de xogos para a infancia que se executa na parroquia de Roupar, despois de que no 2018 se fixera o primeiro parque no lugar da Criba, a carón da antiga escola unitaria, dunha parcela cedida pola veciñanza ao concello.