Skip to main content
Xermade

Informarán sobre o parque eólico do Santuario nunha reunión en Xermade

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade informa da celebración dunha xornada informativa para a veciñanza afectada pola instalación do Parque Eólico Santuario. Nela participará Xabier Simón, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.

Esta terá lugar este martes, 12 de decembro, no salón de actos do CEIP de Xermade a partir das 18.30.

Este parque afecta aos concellos de Xermade, Vilalba e Guitiriz na provincia de Lugo e ás Pontes na provincia da Coruña, este último afectado unicamente pola infraestrutura de evacuación.

Segundo proxecto modificado o parque Eólico Santuario contará con 161 MW de potencia nominal, integrado por 23 aeroxeneradores.

A evacuación da enerxía eléctrica xerada polos aeroxeradores realizarase a través de 12 liñas subterráneas de 33 kV que conectarán o parque eólico coa subestación elevadora SET Santuario 33/220 kV.